O vídeo que atopamos nesta
TV está interpretado por Pablo Carbonell e dirixido por Juanma Bajo Ulloa.
A empresa
Kukuxumusu, cuns 13 millóns de euros gañados en 2007 -un 9 % máis que en 2006- e unhas 120 persoas a traballar nela, xa vende roupa a 80 países por todo o mundo.
Kukuxumusu (bicos de pulga en éuscaro) naceu en 1989 da man dun grupo de amigos que estaban fartos de levar cada ano as nada fermosas camisolas que se deseñaban para as Festas de
San Fermín. Así, facendo os seus propios debuxos, de bichiños a facer cousas de humanos -as vacas e as ovellas son as máis demandadas-, Kukuxumusu converteuse nunha próspera empresa.
Na súa
web, os creadores orixinais, Mikel Urmeneta, Koldo Aiestaran e Gonzalo Domínguez de Bidaurreta, contan como naceu a idea e como foi medrando, dende que un grupo de colegas decidiu vender camisolas, para sacar uns cartiños para o viño das festas, até se converter nun próspero negocio, onde xa se venden de artigos de papeleiría a roupa interior, chisqueiros, paraugas, artigos de montaña, xogos, artigos para animais de compañía...