As pontes que se tenderon o ano pasado coa outra beira do Atlántico seguen a manterse fortes:
Walter Smith III Trio chegan dende Nova York ás terras do Lérez, no que será o seu único concerto en Europa. Ademais, os seus compoñentes participan no
Pontejazz Workshop que terá lugar do 16 ao 20 de xullo: Walter Smith III (saxo tenor),
Matt Brewer (contrabaixo) e Jonathan Blake (batería) compartirán o seu talento con todas as persoas que asistan, e tamén o pianista e arranxista portugués Carlos Azevedo, que dirixe xunto a Pedro Guedes a Orquestra de Jazz de
Matosinhos, abordará o traballo da Big Band.
Ponte tamén alén do Miño, que une aos músicos dunha e doutra beira precisamente baixo a dirección de Azevedo: a Pontejazz Big Band está integrada por dezasete músicos, e poderemos coñecela o sábado 21. Outro concerto que farán vibrar o Teucro é o de
Xacobe Martínez Antelo Quinteto o día 20. Sen esquecermos que non han faltar as jam sessions e o jazz pola rúa.E xa na Praza da Ferraría, dende o 22 ao 26 contaremos con figuras de prestixio internacional, como The
Joshua Redman Trio,
Kurt Elling, o gospell de
The Campbell Brothers, a
Chicago Blues Revue (ou o que é o mesmo, a explosiva unión de Magic Slim and The Teardrops con Big Time Sarah e
Billy Branch), e, para rematar, o pianista serbio Bojan Zulfikarpasic, e o seu
Bojan Z Trío. Dez días intensos ao son do jazz nas prazas pontevedresas.