Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Medio milleiro de persoas fala esta lingua celta

O manés renace como lingua materna

Despois de que nos anos 70 morrera o derradeiro falante nativo, dúas ducias crianzas volven medrar co idioma celta da Illa de Man como lingua materna.

Redacción - 12:00 16/07/2007

Na web da Ciberirmandade reparan no "interesantísimo" proceso de recuperación desta lingua celta, que despois de practicamente desaparecer, vive unha lenta recuperación e conta na actualidade con 500 persoas que o falan con fluidez despois de aprendelo como segunda lingua. Alén diso, fermosa noticia: dúas ducias de crianzas que o volven ter como lingua materna.

Non hai aínda wikipedia en lingua manesa, pero segundo a versión inglesa da enciclopedia libre, o gaélico manés foi idioma dominante até o século XVIII. A comezos do s.XX xa caera por baixo dos mil falantes e no Nadal de 1974 morreu, na altura dos 97 anos, Ned Maddrell, lembrado coma o último falante nativo. Na Galipedia tamén poden atopar unha entrada sobre o manés.

Hai un ano publicárase ademais a primeira novela longa en manés, Dunveryssyn yn Tooder-Folley, en galego: Os asasinatos do vampiro. O seu autor, Brian Stowell, é o máis coñecido impulsor da recuperación desta lingua, que ao longo do século XX foi salvada do esquecemento pola comisión irlandesa para o folclore.

En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 veciños, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda en graos diversos. Non foi até 2003 cando o goberno pasou a introducilo oficialmente nas aulas escolares. Actualmente, o manés é segunda lingua nas escolas primarias e secundarias, na universidade da Illa e no centro de estudos de manés. Alén diso, cinco escolas xestionadas de xeito privado teñen o manés como lingua principal.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: