Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Últimos días para participar

Conta atrás para A Polo Ghit!

Queda menos dunha semana para enviardes as vosas cancións: este sábado 21 coñeceremos as últimas participantes do ano.

Redacción - 12:32 16/07/2007
A Polo Ghit

A Polo Ghit

Xa temos 32 temas, dende o reggae ao rock, unha chea de versións e varias cancións orixinais. Amor e desenganos amorosos, temática erótico festiva, como o provocativo Tanga de Manolo, o Tango para bailar en tanga de Lamanaestrada e o Efecto Pinocho dos Supersandwich, un convite a gozar dos excesos e relaxarse, bebendo Ata a auga das macetas, c'Un peta en Tarajoña ou Mirando como canta a nosa plantación... Vivindo na Terra do Sol con Sacha na Horta, homenaxeando a esas figuras que non descansan nin no verán, como O socorrista e toda a xente que non ten vacacións...

Diversidade de temas e estilos nesta edición de A polo Ghit, e aínda queda a última traca, que sairá á luz (e ás ondas) esta fin de semana. O ano pasado tivemos nada menos que 36 temas candidatos a convertérense na canción do verán, e este ano imos polo mesmo camiño. Este sábado serán designados os finalistas por votación popular, e o sábado 11 de agosto darase a coñecer a canción gañadora. Os gañadores poderán ir á feira do libro de La Habana para o ano, nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura, e a TVG gravará un videoclip profesional do ghit galego deste verán.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Esta imaxe da Ruela das Hortas foi a escollida por Sacha na Horta para ilustrar 'Biocultivos'
Esta imaxe da Ruela das Hortas foi a escollida por Sacha na Horta para ilustrar 'Biocultivos'
O home bala (David Rodríguez, Noli Moo e Félix Rodríguez), unha das últimas incorporacións con 'Escoitando a Machín'
O home bala (David Rodríguez, Noli Moo e Félix Rodríguez), unha das últimas incorporacións con 'Escoitando a Machín'