Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ratificado como candidato presidencial

O ex bispo Fernando Lugo mantén a confianza da alianza da esquerda en Paraguai

O crego segue manténdose como a mellor posibilidade para rematar con seis décadas de hexemonía do Partido Colorado.

Redacción - 09:00 16/07/2007

O conservador Partido Colorado terá na próxima cita coas urnas, o 20 de abril de 2008, un rival que aspira a quitarlle o hexemónico dominio que durante sesenta anos mantivo en Paraguai, ditadura incluída.

Máis dunha ducia de colectivos sociais e políticos, sindicatos e movementos campesiños, votaron en asemblea esta fin de semana en favor de que Fernando Lugo sexa o candidato á presidencia do país nas eleccións do ano que vén. Non está claro aínda se o apoio do crego podería ser mesmo maior, xa que poderían saír no seu apoio algunhas formacións políticas da dereita do ámbito da oposición.

Na prensa paraguaia: Última hora e ABC.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: