Durante o domingo o fuel chegou ao Parque Natural Ses Salines.
As augas da área protexida de Ses Salines víronse tinguidas polo combustíbel saído do buque durante esta fin de semana. Se ben a primeira hora do domingo a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, recoñecía que o fuel xa pasara das barreiras de protección, horas despois a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, rexeitaba esa situación asegurando que a mancha de mási de 50 metros de longo xa "non existe como tal", afirmando que só era "unha liña". Mentres, algúns medios apuntan que xa se viron manchas de fuel nalgunhas rochas da zona.
Varias das fendas do buque non puideron ser seladas polos buzos este domingo, aínda que con todo desde o goberno español indican que xa non sae fuel por elas. Este luns deberan comezar os traballos de extracción do combustíbel que aínda permanece no interior dos tanques do Don Pedro. Mentres, o buque Clara Campoamor segue coa recollida do fuel que sae do cargueiro, aínda que de momento apenas un 5% foi recuperado.
Recomendámoslles ampliar en Vilaweb e no Diario de Ibiza.