Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Deporte e solidariedade

O Celta vai colaborar coa Asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí

Durante o mes de agosto, o clube celeste proporalle aos rapaces saharauís que pasan as vacacións en Vigo, unha chea de actividades.

Redacción - 18:38 13/07/2007
Logo da Fundación Celta de Vigo

Logo da Fundación Celta de Vigo

Moitas das actividades serán de lecer -visita á Coruña, con museos e acuario incluída- e outras deportivas, como o convite para asistir ao 'Trofeo Cidade de Vigo' que se celebrará o 2 de agosto e no que se enfrontarán Celta e Atlético de Madrid.

Esta iniciativa, á que deron en chamar Vacacións en paz, está organizada pola Fundación Celta de Vigo e a Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí e nela van que participar un total de 65 nenos e nenas de entre os 8 e os 14 anos, procedentes do campamento de Tinduf.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: