A idea xurdiu daproposta do coñecido compositor mexicano José Alberto Sepúlveda.
Xosé Bocixa, o cantante de Zënzar, tómao con humor. Cóntanos por teléfono que esta mesma semana o grupo comeza a gravar en Santiago un disco de narcocorridos. A histórica banda de Cerceda vai facer versións a o seu xeito de cancións deste estilo musical. O disco está previsto que se distribúa en México e Colombia.
A historia comeza cando os cercedenses decidiron gravar a canción “Crus de marihuana”. Para a súa sorpresa, o autor do tema José Alberto Sepúlveda púxose en contacto con eles: “Ao primeiro pensamos que era para reclamar dereitos pero o tipo estaba encantado como sonaba a canción”. De feito, o propio Sepúlveda, que é un reputado compositor en México, escribiulles a canción “O Padriño”, incluída no seu último disco “Sigue... e dálle”. O propio Sepúlveda foi o que os animou a facer este disco e incluso lles ofreceu a posibilidade de cruzar o océano para tocar.
Mentres, os Zënzar non paran. O vindeiro mércores día 19, ás 22.30 horas, tocarán no Teixeiro-Rock. O día 28 estarán no cartel do Festival Terra e Lingua, que se celebra no Muíño do Pedroso, en Narón.