O estudo fala da "limitada capacidade de atración de investimentos" do país.
"Galiza amosa unha limitada capacidade de atración de investimentos, principalmente privados", indica o informe presentado esta semana pola Fundación BBVA. "A mellora dos niveles de renda por habitante está condicionada polos baixos niveis de produtividade e polas elevadas porcentaxes de poboación dependente", recolle tamén o estudo.
Baixo o título O stock e os servizos de capital en España e a súa distribución territorial, a análise fala dunha negativa evolución de Galiza nos últimos anos con respecto ao resto do Estado. Os investigadores reparan por exemplo en que se ben a poboación galega respecto do conxunto do Estado acada o 6,4%, a achega ao Produto Interior Bruto conxunto non pasa do 5,1%.