Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Bush ameaza co veto da decisión

O Congreso dos EUA aproba iniciar a retirada das tropas de Iraq en tres meses

Por terceira vez, a maioría demócrata levou adiante o proxecto de retirada, que se iniciaría en tres meses e finalizaría o vindeiro 1 de abril.

Redacción - 09:00 13/07/2007
Tags: Bush EUA Iraq

A votación coincide co recoñecemento desde a Casa Branca de que moitos dos obxectivos políticos e militares estabelecidos cando comezou a invasión hai máis de catro anos non foron aínda conseguidos. Por riba, desde aquela morreron xa 3.611 soldados estadounidenses, alén do elevado número de feridos.

"A situación en Iraq segue sendo complexa e extremadamente difícil", indica un informe oficial. O documento láiase da mala situación económica en Iraq e advirte do escaso éxito das iniciativas para a reconciliación política entre os diversos sectores do país. Se o proxecto de retirada de tropas aprobado polo Congreso dos EUA, e que con probabilidade recibiría tamén a beizón do Senado, fose adiante, na altura de abril de 2008 só quedarían en Iraq un pequeno número de tropas adicadas a operacións antiterroristas moi concretas é á protección de corpos diplomáticos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: