Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aínda falta por se resolver o xuízo de 186 traballadores máis

Cualifican de improcedente o despido de 14 traballadores de Atento

A resolución sóubose na quinta feira, no Xulgado número 4 d'A Coruña, onde acudiron os traballadores despedidos da filial de Telefónica.

Redacción - 09:45 12/07/2007

Só 14 dos case 200 traballadores que Atento, a filial da empresa española Telefónica despedira n'A Coruña terán que ser indemnizados con 45 días de soldo por ano traballado. O resto terá que gardar a súa quenda.

Ao se coñecer esta resolución, o presidente do Comité de empresa, Manuel Creo, dixo estar satisfeito, aínda que insistiu en que lle gustaría que "fosen declarados todos despidos nulos", xa que, a pesar de que é positivo que reciban unha indemnización, "perden os seus postos de traballo", sentenciou.

Poren, aínda amosou a súa "esperanza de que o resto dos xuíces admitan o despedimento nulo para aqueles traballadores que o solicitaron".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: