Aínda que vai na posición 25 da clasificación xeral, o galego fixo moi boa progresión nestas primeiras etapas.
Óscar Pereiro vai contando día a día o que lle acontece no Tour, na súa páxina web, que inaugurou xusto uns días antes de marchar para a rolda francesa.
O Tour acaba de comezar, e as cousas van lentas, non todas as etapas se resolven cun spring de tolos, e o galego vai mantendo fixa a súa posición entre os corredores do pelotón. Nas propias palabras do corredor de Mos: "Por que rodar máis rápido se o Tour acaba de comezar e aínda non chegou a montaña? Non somos máquinas".
Un espectáculo deportivo en toda liña
Despois dunha primeira etapa tranquila (Londres-Canterbury), e de perder algo de tempo na segunda etapa (Dunkerque-Gand), por mor dunha caída, o galego mantívose nas dúas seguintes, a máis longa e a primeira de media montaña.
Para o de Mos, este Tour está a ser un "espectáculo deportivo en toda liña", a competición do ciclismo de elite máis importante do mundo, na que aínda queda moito por dar.