Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobado polo Consello da Xunta

Cultura e o Ministerio colaborarán para promoveren a lectura

A Consellaría de Cultura e Deporte asinará un convenio de colaboración co Ministerio de Cultura para adquirir fondos bibliográficos, destinados a centros galegos de lectura e consulta.

Redacción - 18:20 12/07/2007

Investiranse máis de 2.616.000 euros nesta iniciativa, encadrada na liña de acción a prol do sector do libro que vén desenvolvendo Cultura: a mellora da rede de bibliotecas mediante a ampliación dos fondos bibliográficos e a modernización das súas instalacións. son os principais obxectivos. O custe total para a adquisición das obras será repartido a partes iguais entre a Consellaría e o Ministerio.

Ademais da compra de novidades editoriais, que incide sobre todo na edición en lingua galega, vaise adquirir novo equipamento informático, e promoverase tamén a formación de profesionais. Para este ano a Consellaría ten previsto investir 7,1 millóns de euros en medidas para dinamizar o sector do libro, case un terzo máis có orzamentado durante o 2005.

En canto á edición en galego, ademais da compra de exemplares por valor de 1,2 millóns, a Consellaría apoia con 200.000 euros á tradución desde e para o galego, e con outro tanto subvenciona grandes proxectos editoriais.Investirá tamén 1,5 millóns de euros en actividades destinadas a fomentar o hábito da lectura, en centros de saúde, comercios, medios de transporte e centros culturais, ademais de programas especiais como as semanas do libro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: