Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A primeira lei que desprega o Estatut

Tripartito e CiU votan en favor da creación da Axencia Tributaria de Cataluña

PSC, ERC, ICV e CiU consensuaron a norma que impulsa este organismo que asumirá a recadación e xestión dos tributos propios de Cataluña e dos cedidos polo Estado.

Redacción - 12:43 11/07/2007

Tal é como o estabeleceu o Estatut catalán, a Axencia Tributaria de Cataluña terá a responsabilidade da "xestión, recadación, liquidación e inspección de todos os tributos propios da Generalitat, así coma, a través de delegación do Estado, dos tributos estatais cedidos na súa totalidade á Generalitat". O proxecto foi precisamente unha das escusas utilizadas polo Partido Popular e polo Defensor del Pueblo para presentar recurso contra o Estatut diante do Tribunal Constitucional.

Até o último momento, as formacións que apoian o tripartito mantiveron aberta a negociación con CiU, que presentara diversas emendas ao proxecto de lei e en principio non estaba disposta a votar en favor do proxecto se non se producía diálogo ao respecto. A nova Axencia artellará o consorcio tributario pendente de estabelecerse entre o Estado español e o goberno catalán

Durante o proceso de debate sobre este proxecto de lei, algúns dos expertos que compareceron no propio Parlamento catalán propuxeron mecanismos que garantisen a plena independencia desta Axencia. Advertiron ao respecto, que por si soa non sería garantía dun control máis estreito sobre a fraude nin dunha mellora dos trámites para os contribuíntes. Xa que logo, unha das propostas na mesa en favor da independencia do ente é a da propia elección do presidente do organismo, que sería por cinco anos e por maioría cualificada no Parlament.

Máis en Vilaweb.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: