Na preamar diúrna deste luns entrou cara a Reganosa un novo buque gaseiro. O Comité Cidadán non sacou as lanchas esta vez. Mentres, preparan outra mobilización para o mes de setembro.
Con bandeira das Bermudas, eslora de 275 metros, 31 anos navegando os mares e unha carga equivalente a 55 mil toneladas de Gas Natural Licuado, o Port Harcourt é o cuarto buque gaseiro que entra á planta ferrolá.
"Repetirá a temeridade dunha operación que agudiza a ameaza á vida da poboación, pois este tipo de barcos cargados de gas natural licuado non ten garantida a saída ao mar en caso de urxencia durante a descarga, tal e como requiren as norma EN-1532 que é aplicables e obrigatoria a Reganosa", recordan desde o Comité Cidadán de Emerxencia. A asemblea cidadá acordou non convocar mobilizacións. Esta semana deseñarán un calendario de actuacións para os meses de verán, actividades que rematarán coa convocatoria da que quere ser outra gran mobilización o próximo mes de setembro.