O seu nome é David Castro, e corre no Fluvial Cidade de Lugo, que tamén se proclamou campión por clubes. Na fin de semana tamén competía Gómez Noya no Iron Tour 2007, onde vai de primeiro.
David Castro foi o mellor na competición dos homes, e o Fluvial en homes e mulleres. A proba celebrouse na localidade de Pulpí (Almería).
O atleta coruñés, de 32 anos, percorreu antes que ninguén os 2,5 quilómetros a pé, logo un quilómetro a nado e xa de últimos, os 2,5 quilómetros ás carreiras cos que finalizaba a proba. O tempo de Castro foi de 29 minutos e 7 segundos, 6 segundos menos que o sevillano Samer Ali Saad e 14 segundos menos que Iván Tejero, de Jaén.
Entre os dez homes mellor clasificados, estaban tamén outros dous atletas do Fluvial: Jesús Gómez, que ficou quinto, e Gilberto Carlos González, que chegou xusto despois que Gómez.
Nas mulleres foi a barcelonesa Nuria Miró, do CN Reus Ploms, a mellor da compionato, seguida da sevillana, co Clube Fluvial tamén, María Pujol, e da vizcaína Zuriñe Rodríguez, do Canal de Isabel II.
Tres mulleres do Fluvial quedaron entre as dez primeiras da proba feminina. Ademais de María Pujol, Lara del Valle foi cuarta e Aida Valiño, quinta.
Gómez Noya non ten parada
Gañou xa a primeira etapa do Iron Tour 2007, unha proba internacional de triatlón que se desenvolveu nos contornos do parque de Disney en París. O actual líder do ránking mundial conseguiu o primeiro posto en dous sectores desta proba, chegando por diante de Filip Ospaly e de Cédric Fleureton.
No segundo sector, volveron chegar os tres igual, só que os outros dous mudaron as súas posicións, por detrás do galego. O ferrolán vai primeiro, seguido por Fleureton e Ospaly. Décimo está Antón Ruanova, duodécimo Borja Conde, Decimocuarto Iván Cáceres e decimoséptimo Alberto Trillo.
A seguinte proba desta competición celebrarase o 31 de xullo, coa presenza do combinado nacional galego, que tratará de manter o seu liderato nunha das probas más esixentes do calendario internacional.