Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol e economía

Un grupo chinés podería lanzar unha OPA alternativa sobre o Benfica

Esta será a segunda oferta lanzada sobre o clube portugués, depois de que un empresario madeirense fixese a primeira na cuarta feira.

Redacción - 11:32 06/07/2007
Escudo do Benfica, o clube da Luz

Escudo do Benfica, o clube da Luz

Os chineses están dispostos a ofrecer o duplo da oferta proposta pola empresario madeirense Joe Berardo.

O grupo chinés, cuxo nome ninguén aínda pronunciou, ten "intereses em varios sectores de actividade", e pode que mande nos próximos días varios representantes a Lisboa para se reunir con dirixentes do "clube encarnado".

En declaracións ao Diário Económico portugués, o empresario Vasco Pereira Coutinho, que hai varios anos mantén negocios na China, revelou ter sido contactado polo grupo para "facilitar as relacións deste en Portugal", mais, alén do Benfica, os investidores estudan a posibilidade de tamén conseguir participación ou a compra completa do Sporting e de un equipo inglés, mais, segundo o empresaio portugués, existe "neste momento, unha indiscutíbel preferencia" polo "clube da Luz".

Segundo esta información, a OPA proposta polo empresario madeirense era de de 3,5 euros por cada acción, polo que, segundo parece, a oferta chinesa sería do duplo, e sempre sobre o 85 por cento do clube.

Na mañá da sexta feira
O empresario madeirense que fora o primeiro por puxar polo clube lisboeta declarou que o Benfica "nunca debería ser vendido" a investidores estranxeiros por ser unha marca "moi forte" en Portugal, e seguíu: "Temos douscentos mil socios, cento cincuenta mil accionistas; é um clube moi emocional aquí en Portugal. Eu adoito dicir que o Benfica non está á venda nin para os rusos, nin para Inglaterra, nin para nada".


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: