A creación da Academia de Idiomas e Culturas Indíxenas estará contemplada no artigo 10, capítulo II do proxecto de Lei de Idiomas e Culturas Indíxenas, chamado Do ente nacional de idiomas e da política lingüística. Nunca un Goberno venezuelano derá tanta participación e protagonistmo aos pobos indixenas orixinarios de Venezuela.
Aprobada pola Comisión de Pobos Indíxenas
A Comisión de Pobos Indíxenas da Asemblea Nacional (AN) aprobou outorgar a condición de Academia de Idiomas e Culturas Indíxenas ao organismo responsábel de aplicar en Venezuela a Lei de Idiomas Indíxenas que actualmente discute a Asemblea venezuelana.
"Dotaremos á República dun instrumento de apoio ao desenvolvemento lingüístico dos pobos indíxenas", expresou o presidente da Subcomisión de Lexislación de Pobos Indíxenas, deputado Arcadio Montiel, ao dar a coñecer a información.
A creación da Academia de Idiomas e Culturas Indíxenas estará contemplada no artigo 10, capítulo II do proxecto de Lei de Idiomas e Culturas Indíxenas, chamado Do ente nacional de idiomas e da política lingüística. Montiel precisou que a nova institución terá unha estrutura horizontal e estará constituída por expertos na materia.
Con respecto ao proxecto de Lei de Idiomas Indíxenas, a presidenta da Comisión de Pobos Indíxenas, Noelí Pocaterra, destacou a importancia do idioma como elemento fundamental da identidade cultural dos pobos.
Por outra banda, o deputado Montiel explicou que ademais da Lei de Idiomas Indíxenas, esa subcomisión traballa na redacción e discusión de catro leis para os pobos indíxenas.
As restantes son: a Lei de Educación Intercultural Bilingüe e Uso dos Idiomas, a Lei de Elección dos Representantes Populares Indíxenas e a Lei do Patrimonio Cultural para o Desenvolvemento das Belas Artes Indíxenas.