Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Acordo coa Junta de Castela e León

Rapaces do Bierzo e Sanabria poderán estudar galego tamén no Bacharelato

A colaboración da Xunta co goberno castelán-leonés estenderá a esta etapa o proxecto de promoción do ensino do galego que xa funcionaba até a ESO.

Redacción - 09:00 06/07/2007

A Consejería de Educación da Junta de Castela e León publicou este xoves no seu boletín oficial a orde onde se amarra o protocolo de colaboración asinado coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Estabelécense dúas materias optativas, Lingua e Cultura Galega I e Lingua e Cultura Galega II, deseñadas para fornecer a capacidade para usar de forma oral e escrita a lingua galega, ler e comprender textos, coñecer os aspectos fundamentais do medio sociocultural propio da lingua galega e "conseguir unha mellor comunicación, comprensión e interpretación da diversidade cultural existente no Bierzo e en Sanabria".

Deste xeito, no curso 2007-2008, terá continuidade o programa de lingua galega fixado para a etapa do Ensino Secundario Obrigatorio, e o alumnado dos institutos dos territorios limítrofes con Galiza poderá optar tamén no treito educativo seguinte, o Bacharelato, á materia optativa de Lingua e Cultura Galega.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: