Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CO APOIO DUNS 5.000 SUSCRIPTORES

O primeiro diario en galés da historia sairá en 2008

Non está claro se o Y byd terá axuda económica do goberno que, co apoio de toda a oposición, xa dixo si a un dominio en internet para o galés

M.V. - 10:15 08/07/2007
Cabeceria do  diario

Cabeceria do diario

Tres de marzo de 2008. Esta data pode converterse en histórica para os galeses, pois ese día está anunciada a publicación do Y Byd, O Mundo en galego, o primeiro xornal na lingua do País de Gales.

O nacemento do xornal prodúcese despois de acadar o apoio dos nacionalistas do Plaid Cymru, fundamentais para o goberno en minoría en mans dos laboristas. Sexa como for, aínda se está a discutir se o goberno porá cartos para a edición do xornal.

Tamén queren un dominio de internet
Ao que si se comprometeu o Gabinete, apoiado por toda a oposición -incluídos conservadores e liberais-, é a apoiar o “.cym”, a iniciativa que busca un dominio de internet para a lingua galesa, un proxecto de características parecidas ao Puntogal galego.

Unha lingua minoritaria no seu propio territorio
O número de falantes do galés varía entre o medio millón e as 750.000 persoas en función da fonte consultada. A Wikipedia indica que o 20% da poboación fala este idioma, especialmente nas zonas do norte de Gales.

Y Byd, que contará con versión electrónica, xa acadou unha cifra próxima aos 5.000 subscritores, imprescindíbeis para poder saír á rúa mantendo a independencia política. No cadro de persoal haberá uns 24 profesionais, a metade dos cales serán xornalistas, que editarán un número cinco días á semana.


4,85/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: