Na xornada da quinta feria os máximos responsábeis dos deportes olímpicos deixaron Corea do Sur e Austria fóra e escolleron a cidade rusa.
Aos berros de "Sochi, Sochi, Sochi!", os habitantes desta cidade rusa á beira do Mar Negro celebraron, envoltos en bandeiras do país, a decisión do Comité Olímpico Internacional.
A cidade gañoulle, na penúltima rolda, á cidade austriaca de Salzburgo, e na última á surcoreana de Pyeongchang.
Os do ano 2014 serán os primeiros Xogos Olímpicos de Inverno que se disputen en Rusia -os de verán de 1980 foron en Moscova- e seguirán aos que vai acoller a cidade canadense de Vancouver en 2010. Rusia hai 50 anos que é nomeada continuamente para celebrar uns xogos que até o de agora non lle tiñan chegado.
Vladimir Putin estivo defendendo a candidatura de Sochi ante os miembros do COI en Guatemala, e andaba polo aire, no seu avión persoal, cando coñeceu a boa nova.
Convencidos cun cheque de máis de doce mil millóns de dólares
A cidade de Sochi convenceu ao COI póndo sobre a mesa unha inversión enorme, de preto de doce mil millóns de dólares que van mudar por completa a face de toda a rexión: aeroportos, portos, estradas, trenes... van incluídos no programa.