Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
NON AO TIRO AO POMBIÑO

Adega e numerosos colectivos ecoloxistas solicitan a suspensión da caza do pombiño na Toxa

ADEGA e máis numerosos colectivos ecoloxistas e de defensa dos animais rexeitan a campionato de "Tiro ao Pombiño" que se celebrará na Toxa esta fin de semana.

adega - 11:40 05/07/2007

Outros colectivos que rexeitan este desatino: CES (Colectivo Ecoloxista do Salnés), a Plataforma “Matar por Matar Non”, Amigos da Terra, Asociación COMETA de Narón, e as protectoras de Barbanza, Lugo, Ourense, Vigo, Baiona, Cambados e Marín, integrantes da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galiza (UPAFGA). Esiximos tamén da Consellería que ante a manifesta insubmisión dos organizadores, suspenda o permiso ao campionato.

ADEGA quere destacar que, segundo publica "A Voz de Galicia" este domingo 1 de xullo, a propia organización do campionato recoñece que non cumprirá os requisitos impostos pola Subdelegación do Governo en Pontevedra para garantir as medidas de seguridade e protección ambiental. Así dise textualmente:

“Finalmente no se utilizará munición ecológica aunque A Toxa sí será este mes la sede de la presentación oficial de esta innovación en las competiciones del tiro al vuelo”.

ADEGA quere recordar que a área de tiro está dentro da Rede Natura que rodea á illa da Toxa (Complexo Umia-Ogrobe), que tamén é zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), estando estritamente prohibido cazar con perdigóns de chumbo en zonas de aniñamento e paso de aves migratorias.

Con respecto á lexislación aplicábel, o Decreto 238/2001 que regulamenta a lei galega de Caza no seu artigo 13, apartado 2.b), dispón claramente que as “augas públicas e os seus leitos e marxes constitúen Zonas de Seguridade e polo tanto está terminantemente prohibido cazar”

Alén disto a Lei Galega de Caza 4/97 afirma:
Artigo 12.- Refuxios de fauna.
1.- Cando por razóns biolóxicas, científicas ou educativas sexa preciso asegura-la conservación de determinadas especies, a Xunta de Galicia, de oficio ou por proposta de entidades científicas ou culturais, públicas ou privadas, poderá acordar que determinadas áreas do territorio sexan declaradas como refuxios de fauna. Nestas áreas, a caza estará permanentemente prohibida, …
A zona na que se vai desenvolver a caza do pombiño vai afectar a unha zona ZEPA, que tamén é Rede Natura, que constitúe un Refuxio de Fauna a nível cinexético e ademais é unha zona de seguridade tal e como establecen as normativas en vigor. Ademáis
incumpre os requisitos establecidos pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra para
poder celebrar este lamentábel acontecemento.

Por estas razóns esiximos que a Consellería de Medio Ambiente suspenda o permiso da Caza ao Pombiño que está previsto Realizar esta fin de semana na illa da Toxa.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: