Raptado o pasado 12 de marzo en rúas de Gaza, foi liberado do secuestro este mércores e entregado a funcionarios de Hamás.
Durante o tempo de secuestro, Johnston aparecera en dous vídeos difundidos a través de internet. No máis recente puido vérselle amarrado cun cinto de explosivos que lle colocaran sobre o corpo. A acción fora reivindicada polo grupo autodefinido como Exército do Islam, con sede en Gaza, e ameazaban con asasinalo se o Reino Unido non liberaba determinados presos musulmáns.
A súa liberación foi anunciada nunha conferencia de prensa coa presenza do líder de Hamás e ex presidente palestino, Ismail Haniya, quen cualificou a Johnston de "amigo dos palestinos" e felicitouse pola súa liberación. Ao tempo, Haniya aproveitou para asegurar que confía en que chegue axiña un acordo para liberar o soldado israelí Gilad Shalit, capturado en Gaza en xuño de 2006.
Poden ampliar na BBC.