Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Campións de Europa de HDGD

En Ourense saben das antigas artes coreanas de manexo da espada

O Ximnasio Clube Lee de Ourense acaba de se proclamar campión de Europa dunha antiga arte marcial coreana, que case só eles practican en todo o Estado. O primeiro campionato deste deporte celebrouse en Suíza.

Redacción - 17:48 03/07/2007
O Haidong Gumdo

O Haidong Gumdo

O seu mestre, Lee Dong Kyu, foi quen lles ensinou en Ourense a manexar a espada como levan séculos facendo os coreanos. O ximnasio ourensán que el mesmo dirixe é pioneiro nesta arte e encargado de difundila por todo o Estado, a través da Asociación Española de HDGD (Haidong Gumdo, o nome coreano desta arte marcial), que tamén preside.

A fin de semana do 15 ao 17 de xuño os ourensáns e mailas súas espadas, proclamáronse campións de Europa en Baar, (Suíza), na primeira proba da historia europea deste deporte. Aló estaban tamén equipos do país anfitrión, de Francia, do Reino Unido, de Irlanda, Holanda, Suecia, Noruega, Finlandia, Italia e Alemaña.

Os seus mestres tamén son estrelas de cine
Durante o campionato tamén houbo un chisco de tempo para as exhibicións, cun equipo profesional coreano que deixou aos europeos pasmados co seu manexo da espada. Outro dos convidados foi Danny John-Jules, secretario de honra da Asociación Británica de HDGD, quen, ademais, é un dos protagonistas do filme Blade 2, onde move a espada detrás dos vampiros malos.

N'O carballiño tamén saben manexar a espada

Do Estado tamén viaxaron equipos de Sevilla, Valencia e O Carballiño, onde tamén chegaron, segundo parece, as ensinanzas de Lee Dong Kyu, que tamén dirixe a selección estatal, que volveu de Suíza con tres ouros, catro pratas e dous bronces.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A expedición ourensá ao completo, co mestre Lee Dong Kyu no centro
A expedición ourensá ao completo, co mestre Lee Dong Kyu no centro
Un momento da competición, en Baar (Suíza)
Un momento da competición, en Baar (Suíza)
O mestre británico do HDGD, Danny John-Jules, o vampiro do centro, en 'Blade 2'.
O mestre británico do HDGD, Danny John-Jules, o vampiro do centro, en 'Blade 2'.