Seis turistas españois morreron nun ataque no país africano. Mentres, en Glasgow, a policía detonou outro obxecto "sospeitoso" e detivo dúas persoas máis presuntamente relacionadas cos últimos intentos de atentado.
Cando menos oito persoas morreron nun ataque realizado cun coche bomba na zona turística de Marib, no Iemen. Segundo o Ministerio de Exteriores, seis deles serían españois, mentres que outros dous eran iemenís, un guía e un tradutor. Ademais, habería unha decena de feridos.
Por outro lado, por precaución e despois dos intentos de ataque e as detencións dos últimos días, a policía británica realizou dúas explosións controladas nun hospital de Glasgow, onde se detectara un paquete sospeitoso. Ao tempo, foron detidas outras dúas persoas presuntamente vencelladas ao intento de atentado do sábado pasado no aeroporto de Gasgow.
Recomendámoslles a última hora da BBC e Al Iasira.