Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mercado inmobiliario

O prezo dos pisos nas cidades galegas subiu dende xaneiro un 4%

A Sociedade de Taxación constanta síntomas evidentes dunha desaceleración de prezos.

Redacción - 13:23 29/06/2007

Mercar un piso de cen metros cadrados nunha cidade galega custa de media 176.800 euros. Aínda que os prezos seguen a ser moi elevados, a Sociedade de Taxación deu a coñecer este venres un informe no que conclúe que xa está a haber a anunciada desaceleración de prezos. En Galiza os pisos subiron un 4% no primeiro semestre de 2007. Pese ao incremento, a suba é inferior á de semestres anteriores.

Os datos a nivel estatal son máis indicativos se se analiza a evolución dos prezos entre xuño de 2006 e 2007. Neste período o incremento nos inmóbeis foi dun 7,4%. Entre os mesmos meses de 2005 e 2006 os pisos subiran un 12,9.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: