Na tarde do sábado celébrase a Volta á Illa de Arousa, organizada polos dorneiros arousáns, seguindo coas regatas de embarcacións tradicionais das rías galegas.
Os membros da ACD Dorna da Illa organizan esta nova regata, dando continuidade ao calendario do circuíto galego, que comezou hai pouco máis dun mes.
A regata entra dentro dos actos previos aos encontros de Ferrol, e ha xuntar a toda a xente amiga de navegar, pasalo ben... e amiga das paparotas, que o mar dá moita fame.
A pasada fin de semana, os navegantes de toda a vida, xuntáronse n'O Grove, e agora tócalle á Illa. Para ver unha mostra do que as regatas dan de si, é bo visitar o álbum de fotos de Miguel Muñiz, que atopamos na web dos Amigos da Dorna Meca.