Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel trasacordo dos populares

O PPdeG estuda retirarlle o apoio ao decreto sobre o galego

"É a primeira vez que o PP racha co Plan de Normalización Linguüística", laiouse este xoves o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no mesmo día en que o Consello aprobase o decreto sobre o galego no ensino.

Redacción - 13:51 28/06/2007

"É o PP quen debe explicar a que se debe, que lle pasa internamente, que cambios hai e por que deciden isto", explicou Pérez Touriño. O presidente lembrou que "na normativa do Plan de Normalización Lingüística non hai ningún cambio respecto ao acordado até o de agora". Touriño afirmou non querer "caer na tentación de facer unha interpretación política" sobre as razóns do PPdeG para rachar o consenso.

Desde o PPdeG non dan aínda por roto o consenso. Ao respecto o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, explicou que o Goberno lles enviou a primeira hora deste xoves o documento co decreto que o Consello da Xunta aprobaría horas despois. Segundo Feijoo, o PPdeG estudo os presuntos cambios realizados pola Xunta sobre o acordado polos tres grupos parlamentarios. O líder dos populares considera que o executivo non respondeu ás recomendacións do Consello Consultivo "sobre a necesidade de garantir o dominio e o equilibrio das dúas linguas". Xa que logo, en breve o PPdeG podería confirmar que lle retira o apoio ao decreto.

Xuntan 18 mil sinaturas contra a presenza do galego no ensino
O trasacordo do PPdeG coincide coa belixerante campaña posta en marcha pola plataforma Tan gallego como el gallego. Este colectivo anunciara esta semana que para o próximo venres 29 ten previsto entregar na sede central da Xunta 18 mil sinaturas contra o novo decreto de galeguización do ensino. O colectivo oponse a que o idioma do país teña garantido, como mínimo, as mesmas horas lectivas ca o castelán.

A plataforma asegura ter recibido “insultos e ameazas” durante a recollida de sinaturas. De feito, afirman que denunciaron legalmente ataques informáticos contra a súa web. Porén, anuncian que van seguir na súa teima porque son “persoas normais que non queren que a Xunta as normalice”.


1,2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: