Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois da fusión coa filial Parquesol

O Grupo San José cotizará en bolsa

O grupo pontevedrés comunicoulle á Comisión Nacional do Mercado de Valores a integración de San José e Parquesol nunha única compañía cotizada.

Redacción - 09:00 27/06/2007

Desde o Grupo San José explican que aínda non se decidiu sobre o proceso concreto de integración de Parquesol, os detalles fiscais e operativos, pero a fusión está xa decidida e construirá unha soa empresa que cotizará en bolsa. En breve agardan presentarlle aos investidores un plan estratéxico que avale a decisión.

Nun comunicado enviado á CNMV, o presidente do grupo, o galego Xacinto Rey, explica que os accionistas da nova empresa vano ser dun proxecto máis "potente, diversificado, de maior tamaño e preparado para acometer maiores proxectos e capacitado para afrontar con éxito tempos máis difíciles". Rey tamén se amosou optimista sobre o potencial de crecemento e beneficios da empresa. Así mesmo, destacou que o grupo resultante dará lugar a "un negocio inmobiliario máis diversificado xeograficamente e por produtos" e que será xestionado de forma independente do resto de negocios do Grupo San José. O Grupo San José, que en 2004 facturaba por riba dos 650 millóns de euros, chimpou no último exercicio arriba dos 1.300 millóns, superando mesmo o volume de negocio de Fadesa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: