Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
O ministerio de Ambiente oponse

Brasil reactiva o programa nuclear

"A nuclear é unha enerxía limpa", afirmou Lula hai poucas semanas. Agora, o consello de política enerxética anuncia a construción dunha terceira central.

Redacción - 09:00 27/06/2007

Hai vinte anos que se presentara o proxecto que agora se quere recuperar en Brasil. A central nuclear Angra III será finalmente construída se o presidente Luiz Inácio Lula da Silva non veta a iniciativa aprobada polo Consello Nacional de Política Enerxética, CNPE.

Ese veto non se produciría, xa que o propio Lula realizou declaracións nos últimos tempos preparando o terreo para este escenario, afirmando que a nuclear é unha enerxía "limpa" e asegurando que "non contamina, non emite CO2 e non contribuirá ao efecto invernadoiro no planeta". "A tecnoloxía de Brasil é perfecta e podo asegurarlles que nunca acontecerá o que ocorreu en Chernobyl", insistiu. Lula considerou a nuclear como unha necesidade estratéxica para reforzar o crecemento económico do Brasil.

Con todo, ao proxecto oponse o ministerio de Medio Ambiente. Marina Silva, responsábel deste departamento, indicou recentemente que ningún país está construíndo centrais nucleares na actualidade "porque hai moitos problemas cos residuos e temos outras fontes de gran potencial e enerxías limpas onde deberiamos investir".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: