Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pesimismo do ex presidente da Comisión Europea

Prodi avalía que a UE deu "un paso atrás"

"O espíritu de cooperación para ir cara a adiante xa non existe", asegura Romano Prodi.

Redacción - 09:00 25/06/2007
Tags: Prodi UE

O complicado acordo arredor do tratado constitucional que definiron os líderes da Unión Europea estes días foi avaliado moi criticamente polo ex presidente da Comisión Europea e actual primeiro ministro italiano, Romano Prodi.

"En moitos anos nunca vira con tanta claridade a existencia de dúas Europas", explicoulle Prodi ao diario La Repubblica, "unha é a Europa da maioría, que cre e desexa avanzar, e a outra é a que persegue unha redución do papel da Unión Europea coma obxectivo político estatal". "Como europeo, permítome estar desgustado polo espectáculo e posicionarme en contra do visto estes días", subliña Prodi.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: