A redacción definitiva dos textos establecerase nunha conferencia intergubernamental que se celebrará en xullo
As negociacións foron moi duras nas últimas horas debido á postura crítica de Polonia. Finalmente, na madrugada do venres ao sábado chegouse a un acordo para un Tratado Constitucional europeo máis simplificado có inicial proxecto de constitución europea. Agárdase que entre en vigor a principios de 2009.
A presidenta Merkel felicitouse polo compromiso que permite saír “do estancamento”. O primeiro ministro portugués, José Sócrates, que vai asumir a presidencia da UE no segundo semestre deste ano, anunciou a súa intención de celebrar unha conferencia intergubernamental para a redacción definitiva dos textos. A xuntanza tería lugar os días 23 e 24 de xullo.
Poden ampliar información na BBC e na páxina da presidencia alemá da UE