Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS INTERNAUTAS PREOCÚPANSE POLA SÚA VIDA PRIVADA

A UE investigará se os buscadores de Internet reteñen datos dos usuarios

Os navegantes síntense ameazados polo uso de información persoal na rede

Redacción - 14:21 22/06/2007

É posible ter vida privada cando nos conectamos a Internet? Anonimato incerto, perigo dos datos persoais, spams, amenazas para os menores... O organismo da Unión Europea encargado de vixiar a protección de datos ampliará a súa investigación sobre os buscadores de Internet, máis alá do líder do sector Google e escribirá unha misiva de resposta á compañía, explicou o xoves unha fonte da Comisión Europea.

Os expertos comunitarios xustificaron a súa decisión en que "este asunto afecta a un número crecente de usuarios" de internet.

O organismo da UE enviou o mes pasado unha carta a Google, un dos principais motores de busca por internet, para que a empresa explicara por que conservaba entre 18 e 24 meses os datos sobre a información que buscan os seus usuarios.

Google respondeu este mes que reduciría ese período a un máximo de 18 meses e tamén anunciou compromisos noutros aspectos da privacidade das "cookies", que son pequenos programas informáticos que se instalan en cada equipo que visite determinados sitios de internet.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: