Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sairá do prelo en agosto

Publican un libro de poemas escritos por prisioneiros de Guantánamo

Un avogado dos detidos recolleu os escritos, que versan sobre a experiencia do seu cativerio, a saudade e a morriña polos seus.

Redacción - 14:30 22/06/2007
Prisioneiros no centro de detención de Guantánamo

Prisioneiros no centro de detención de Guantánamo

Marc Falkoff, un profesor de Dereito da Universidade de Northern Illinois que representou a 17 presos iemenís de Guantánamo, foi o encargado de compilar os textos. Segundo revelou, os poemas expresan sentimentos relixiosos, recordos da infancia e morriña pola familia, así como tamén carraxe ou desesperanza.

Poemas dende Guantánamo: Falan os detidos, vai ser publicado pola Universidad de Iowa e verá a luz en agosto, segundo informou o editor. O volume, de 84 páxinas, contou co apoio dos avogados que representan aos detidos no centro de detención que o exército dos EUA ten na illa de Cuba.

Censurados

Algúns dos poemas foron escritos orixinalmente con pequenas pedras nas bandexas de espuma onde lles servían a comida, e foron confiscados polos gardiáns. Segundo Falkoff, máis tarde foron reescritos de memoria polos prisioneiros.

Algúns destes textos foron censurados polo exército dos EUA que os peneirou previamente. Un voceiro do Pentágono dixo dos poemas que "son unha ferramenta máis para atacar ás democracias occidentais contra as que están en guerra".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: