O empresario ourensán amósase convencido de que as firmas galegas teñen futuro nunha economía a escala mundial.
Xosé Posada Enríquez é o director xerente de Marrón Glacé S. L., unha empresa ourensá que comercializa castañas e produtos derivados en boa parte do mundo. De feito, a compañía, fundada polo seu avó, vende o 40% da produción no estranxeiro.
Posada estivo esta semana na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Compostela, onde deu unha conferencia sobre o papel do empresariado galego fronte á economía globalizada. Explicou as dificultades que hai que superar para penetrar en mercados tan diferentes ao noso como o ruso ou o chinés e insistiu en que o investimento na promoción do produto é imprescindíbel.
O empresario falou para Vieiros sobre a historia da empresa e deu algunhas claves de como as firmas do país poden competir no cada vez máis disputado mercado internacional. Posada Enríquez amosouse partidario de potenciar o valor engadido fronte á deslocalización e afirmou que aconsecución da indicación xeográfica protexida axudará nesta tarefa.