O atentado ten lugar á vez que 10.000 soldados estadounidenses e iraquíes comezan unha ofensiva en Diyala.
Logo de semanas de relativa tranquilidade, este martes estourou un coche bomba no centro de Bagdad que deixou polo menos 75 mortos e 150 feridos. Os equipos de rescate traballan a reo na zona onde estourou o vehículo e témese que a cifra de vítimas sexa maior.
O atentado coincide no tempo co anuncio dunha ofensiva no no noroeste do país. Forzas dos EUA e do exército local están intentando controlar a localidade de Baquba, que se atopa na provincia de Diyala e que controla en parte a resistencia. No despregamento, un dos máis importantes dos últimos tempos, participan máis de 10.000 soldados.