Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Foro Audiovisual de Galicia

A Xunta e Caixa Galicia impulsan un foro contra "a colonización cultural"

Definirá estratexias para a defensa do sector do país e da identidade propia fronte á entrada de produtos uniformizadores.

Redacción - 18:21 19/06/2007
Un momento da presentación

Un momento da presentación

O Foro Audiovisual de Galicia, creado pola Presidencia da Xunta e a Fundación Caixa Galicia, aspira a se converter nun instrumento de dinamización e consolidación do sector no país. Así mesmo, o seu obxecto é fomentar e dar a coñecer a propia imaxe de Galiza a través das novas tecnoloxías da comunicación.

No espazo de encontro estarán representantes do sector audiovisual tanto do país como do resto do mundo. Tamén tratará de poñer en valor os fondos do CGAI, difundíndoos e enriquecéndoos con novas achegas.

Na presentación do foro, o presidente da Xunta resaltou a idea de defender o sector audiovisual do país fronte á invasión de produtos alleos á nosa identidade e que tende a uniformizar a cultura: “Fronte a ese poderoso tsunami, que anega a diversidade, que tende á uniformidade empobrecedora, que homoxeneiza códigos de valores e pautas de comportamento, cómpre levantar o dique dun audiovisual propio que poña en valor o noso. Un dique que supón, en definitiva, opoñer o noso autorretrato á colonización cultural”.

A función do Foro do Audiovisual será definir estratexias e analizar as necesidades da industria da imaxe a través da cooperación pública e privada. En Galiza, máis de 3.000 persoas traballan nun sector formado por 150 empresas que facturan máis de 200 millóns de euros.


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: