Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Novas tecnoloxías

O Goberno impulsará a sinatura electrónica

O convenio asinado coa FNMT permitiralle á Xunta xestionar a expedición de certificados dixitais que equivalen á firma manuscrita.

Redacción - 19:04 18/06/2007
A sinatura electrónica ten a mesma validez da tradicional

A sinatura electrónica ten a mesma validez da tradicional

A Xunta asinou un convenio coa FNMT para darlle pulo ao uso da sinatura electrónica. O acordo estabelece que será o Goberno o emisor dos certificados necesarios para a identificación dixital no noso país, en representación da fábrica da moeda. Deste xeito, espérase garantir a extensión rápida do servizo.

O desenvolvemento do convenio supoñerá un investimento de case 220.000 euros, que permitirán reducir o custo de tempo e de procedementos que precisan dunha sinatura con validez legal, como, por exemplo, presentar a declaración da Renda ou calquera outro trámite perante as Administracións. A sinatura dixital identifica o usuario do mesmo xeito ca a firma tradicional e é intransferíbel.

Para solicitar a sinatura dixital, que consta dunha clave e mais un lapis electrónico, os cidadáns deberán acudir ás oficinas que a Xunta vai poñer ao seu dispor. Nunha primeira fase, está previsto emitir uns 80.000 certificados deste tipo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: