A listaxe encabezada por Banhos foi a única lista presentada na asemblea da Associaçom Galega da Língua que se celebrou este sábado en Compostela.
Logo do 25 aniversario da Agal
Nos vindeiros días conformarase os novos compoñentes do Consello da Associaçom Galega da Língua, Agal, así como os seus datos máis relevantes. Polo de agora sábese que a única lista presentada, a encabezada por Alexandre Banhos, foi a elixida polos membros da asociación, ao recibir mais dos dous terzos dos votos emitidos. Banhos substitúe ao profesor mariñao Bernardo Penabade.
O novo consello vai estar composto por Alexandre Banhos como presidente; Isaac Alonso Estraviz, como vicepresidente, Jose Manuel Outeiro como secretario, e Ana Maria Cabanas como tesoureira. Compoñen tamén o novo consello 7 vogais: José Paz, Manuela Ribeira, José Manuel Barbosa, Margarida Martins, Miguel Conde, Iolanda Docampo e Héctor Canto.