Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Actuarán o 7 de xullo

Tres grupos galegos entre os finalistas de Runas 07

Un xurado formado por críticos musicais e os internautas elixiron as bandas emerxentes que participarán no Festival de Ortigueira.

M. del Río - 13:21 18/06/2007
Balbarda

Balbarda

Tanto os internautas como o xurado do Festival de Ortigueira emitiron o seu veredicto. Coñécense xa os nomes dos cinco grupos que participarán no proxecto Runas 07. Deles, tres son do país, un é madrileño e o outro andaluz.

O proxecto, que pretende promocionar bandas emerxentes, levará ao escenario Estrella Galicia o xoves 7 de xullo os grupos galegos Sete Saias, Crema de gaita e Bonovo, máis o madrileño Balbarda e o andaluz La Jambre.

Dende o primeiro de xuño, o público da web puido escoller de entre os finalistas os cinco grupos que actuarán en Ortigueira. Ademais, participou na votación un xurado formado por José Miguel López, director de Discópolis, de Radio 3; Emilio Españadero, director de Lume na palleira da Radio Galega; Ángel Varela de La Voz de Galicia; Óscar Losada de La Opinión da Coruña, e João Sá de Folklândia.

Mentres Sete saias e Crema de gaita mesturan temas tradicionais con composicións propias, Bonovo caracterízase pola innovación e o son festivo. La Jambre, de Xerez, rescata melodías do cancioneiro andaluz, e Balbarda enmárcase no folc castelán.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: