Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
A ORGANIZACIÓN DE PAÍSES NON ALIÑADOS (NOAL) NA UNESCO

Aplauden iniciativa venezuelana de proteción das linguas indixenas

A Organización de Países Non Aliñados (NOAL) aplaudiu na Unesco a iniciativa do goberno venezuelano de protexer as linguas indixenas. Máis do cincuenta por cento das 6 mil linguas existentes no mundo, corren o risco de desaparecer debido ao impulso da globalización.

Xurxo Martínez Crespo - 10:48 18/06/2007

A iniciativa venezuelana recibiu o respaldo de numerosos países, entre eles Colombia, Honduras e Guatemala países cun importante compoñente lingüístico indixena.

Baixo a condución do xefe da misión permanente cubana, Héctor Hernández Pardo, a plenaria da Noal, recoñeceu a proposta venezuelana, ao entender o perigo que corren as linguas nativas orixinarias de América.

Na xuntanza acordaron manter un seguimento permenente do tema, en especial das accións preparatorias encamiñadas a viabilizar a convención sobre linguas en perigo de extinción.

O embaixador de Venezuela en Francia, Jesús Arnaldo Pérez, explicou que na actual situación lingüística está previsto que máis do 50 por cento das 6 mil linguas existentes no mundo corren o risco de desaparecer, debido ao impulso da globalización. O embaixador venezuelano subliñou que unha convención para a protección das linguas indíxenas e linguas en perigo posúe unha importancia capital nos próximos anos para moitos Estados e especialmente para eses pobos.

"A súa aprobación efectiva a curto prazo permitiría salvagardar un patrimonio cultural de incalculábel valor universal, rexional e local", puntualizou Jesús Arnaldo Pérez.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Indixena venezuelano ianomami
Indixena venezuelano ianomami