O máster oficial en "Construcció i representació d'identitats culturals" ofrece unha formación avanzada na definición e análise crítica dos procesos de construción das identidades culturais e a súa representación na literatura, así como noutros discursos artísticos.
Este máster, de duración anual, ofrece formación sobre historias literarias na (post)modernidade que permite especializarse en estudos de galego e portugués, así como de inglés, alemán, francés, italiano e árabe. Vai dirixido a calquera licenciado en estudos humanísticos, sociais ou pedagóxicos que se interese polos entornos multiculturais, que queira traballar en xestión cultural ou desenvolver investigacións sobre estes temas, como teses de doutoramento. Os estudos universitarios están a vivir un momento de cambios profundos para adaptarse á converxencia europea.
O 21 de xuño pola tarde terá lugar unha xornada informativa na Facultade de Filoloxía da Universitat de Barcelona (Gran Via de les Corts Catalanes, 585).
Máis información:
http://www.ub.edu/filgalport
identitats@ub.edu
http://www.ub.edu/filologia