Tras 10 días de negociacións, o 30º goberno irlandes formabase oficialmente este xoves, con Bertie Ahern, líder de Fianna Fail, como Taoiseach (primeiro ministro).
Esta será a terceira lexislatura para Ahern e a primeira coalición na que se inclúa o partido dos ‘verdes’ na historia do país.
Unha convención especial do Green Party (os verdes) celebrada o mercores día 13 aprobou co 86% dos votos, o programa de goberno proposto polo Fianna Fail.
A coalición de goberno incluira o Fianna Fail, os verdes (Green Party), os Progresive Democrats e un número de candidatos independentes.
Os verdes admitiron que o programa de goberno proposto por Fianna Fail "está lonxe de ser perfecto".
Trala votación, Trevor Sargent, o número un do partido verde irlandés, resignou da sua posición de lider, cumplindo coas declaracións que fixera durante a campanha electoral. Sargent tamén declarou aos medios que era un dos días mais felices da sua vida, xa que a "coraxe" tiña triunfado entre os membros do seu partido, e non a "precaucion".
As suas declaracións son unha resposta directa as críticas dunha parte dos votantes do partido verde, para os que a coalición co Fianna Fail e unha "traición’"aos valores do partido ecoloxista.
Ciarán Cuffe, Green Party TD, declarou nunha entrevista coa cadea pública de radio RTE que cría que haberá unha grande tensión na nova coalición de goberno pero que os verdes faran o posíbel para superar esas tensións.