O Campionato Estatal de Seleccións Sub-21, no que compiten Galiza, Asturias, Murcia e Madrid, celebrarase n'O Vicedo na fin de semana.
As catro seleccións participantes van xogar a título nunha liguiña, que comezará na sexta feira sobre as cinco da tarde cun partido inaugural entra Madrid e Murcia.
Dúas horas despois, Galiza xoga contra os asturianos, e así sucesivamente nos tres días que vai durar o campionato. Os duelos decisivos serán o domingo de mañá, cun Galicia-Madrid ao mediodía. Todos os encontros desenvolveranse no pavillón d'O Vicedo.
O combinado galego é poderosísimo, e está encabezado polo gardameta do Lobelle Molina, David Souto do Burela, Cristian do Porto Celeiro e Gil, do Ourense.
Na presentación da terza xuntáronse no Vicedo o alcalde, Jesús Novo; o presidente do Porto Celeiro, Manuel Gómez Otero; José Saa, en representación da Federación Galega de fútbol e Gonzalo de Azkárate, presidente do comité dos Campionatos Estatais e membro da RFEF. Foi Azkárate o que dixo no acto: "este acontecemento supón un récord histórico ao organizárense oito campionatos estatais de seleccións autonómicas nunha soa tempada".