Mancomun.org firma un acordo coas universidades de Vigo e da Coruña para crear ferramentas informáticas
Mancomun.org, a iniciativa da Xunta a prol do Software Libre, acaba de firmar un acordo coas universidades de Vigo e A Coruña para crear ferramentas informáticas dirixidas ás persoas con discapacidade, un dos colectivos que máis sufre a fenda dixital.
O desenvolvemento dun rato que funciona co movemento da cabeza para persoas con problemas de mobilidade é unha das iniciativas máis destacadas. A Facultade de Informática da Universidade da Coruña encargarse deste traballo, mentres que na Universidadade de Vigo traballarán no campo de recoñecemento e síntese de voz.
Outras das iniciativas será a a creación dun xestor de arrinque para persoas invidentes ou con cegueira parcial e mellorar a accesibilidade a internet a través do navegador Mozilla Firefox para deficientes visuais.
Os detalles destes traballos pódense consultar na entrevista que Mancomun.org publicou co profesor da UDC David Cabrero.