Información sobre o padrón e calendario de tributos en liña son algunhas das novidades
O Concello de Ourense acaba de anunciar a renovación do seu portal web. Ademais dun novo redeseño, o sitio permitirá por vez primeira aos ourensáns aproveitarse das vantaxes da administración electrónica nos trámites municipais.
Entre os servizos incorporados está a emisión de documentos como recibos de pago os volantes de empadroamento.
Tamén se pode consultar un calendario fiscal persoalizado.
As persoas interesadas en beneficiarse das novas funcionalidades deben solicitar a alta en liña e, posteriormente, acudir as oficinas do concello co DNI.