Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Votación no Parlamento

Simon Peres é o novo presidente israelí

A retirada dos seus rivais concedeulle ao ex laborista 86 dos 120 votos do Parlamento israelí na segunda quenda de votacións.

Redacción - 08:00 14/06/2007

O político que no seu momento recibira o Nobel da Paz canda Isaac Rabin, daquela primeiro ministro de Israel, e o finado líder palestino, Iaser Arafat, asume un novo cargo aos seus 83 anos.

Simon Peres, que leva desde os vinte anos en política, pasou neste tempo por até tres ministerios, os de Defensa, Exteriores e Finanzas, e foi tamén primeiro ministro do país. Hai sete anos competiu nas urnas nos comicios presidenciais, pero os electores escolleron a Moshe Katsav. O proceso xudicial no que se viu hai pouco implicado Katsav e que rematou coa súa destitución, fai que suba agora ao poder Peres.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: