Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ou a guinda, ou a troita, ou a 'chiculate'...

Para cando botelos con sabor a eucalipto na Fonsagrada?

Carniceiros alemáns comercializan unha nova liña de salchichas de sabores exóticos para incrementar as vendas no verán.

Redacción - 17:20 13/06/2007

Non é que na Fonsagrada estean a pensar en inzar de eucaliptos a comarca (agardemos que non), senón que se podería dar a situación de que tomasen exemplo dos alemáns para vender máis botelos.

E é que, coa intención de aumentar as vendas das súas famosas salchichas na época estival, os carniceiros berlineses decidiron presentar no mercado unha nova liña de sabores exóticos para este embutido. Así, pódense atopar en calquera esquina as famosas Bratwurst con gusto a kiwi, a cereixas de maraschino, a limón ou, incluso, a aloe vera, segundo informa o diario Bild.

De trufa e de flores

Uwe Buenger, carniceiro de Berlín, desenvolveu unha salchicha "doce e picante" á vez, namentres que na competencia, a especialidade de Dankert é a "Kiwiwurst", que ademais do kiwi, inclúe piña e cereixas Tamén hai outras variedade moi coñecidas, tal como a "Truefflebratwurst", de trufa, adobiada con pementa branca e negra, a de xenxibre ou a de flores.

Se cadra, na Galiza, en troques de flores e xenxibre, callan mellor as castañas asadas e o licor café... mais acompañando ao botelo, non dentro del ... ou, quizais, tamén.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un botelo...
Un botelo...
... e unhas Bratwursts
... e unhas Bratwursts