As creacións percorrerán o sur do país galo nunha mostra itinerante até o ano que vén.
Fotografía da colección Miss Proper, de Sara Sapetti
Andrea Costas, Raquel Durán, Fran Herbello, Antía Moure e Sara Sapetti amosarán o seu traballo ao público francés dentro do festival Río Loco de Tolosa. A exposición La photographie artistique en Galice ten vocación itinerante e percorrerá o sur de Francia até o ano 2009 da man da asociación Symbio.
Symbio, concibida para a difusión da arte contemporánea, quere dar a coñecer os novos valores da fotografía galega e a súa variedade e interese. Cada un dos cinco autores expresa na súa obra dende o intimismo até a crítica social.
Sara Sapetti estará na inauguración da mostra, o 15 de xuño na sala Espace Bonnefoy de Tolosa, onde permanecerá até o 5 de xullo. Na exposición colaboran a Consellaría de Cultura, o Xacobeo e mais a Casa de Galicia de Tolosa.