Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pertence a unha especie moi agresiva

Atopan un peixe tropical asasino nas augas de Portosín

Come até fartar, e logo "mata polo simple pracer de matar". Científicos do CSIC atribúen o achádego ao cambio climático.

Redacción / EP - 17:31 12/06/2007

Ou tamén pode ser que alguén tivese unha anxova no seu acuario, e que o botase ao mar ao ver que lle acababa cos peixes.

O exemplar foi atopado por Pablo Oliver e Juan Insua, dous amigos de Portosín que o capturaron hai unha semana co seu fusil de pesca submariña. Ámbolos dous andaban a pescar nos pantaláns do Clube náutico da vila coruñesa e descubriron o estraño peixe a nadar ao seu carón. Como Juan foi mariñeiro moitos anos, coñece os peixes todos do litoral galego, e o que acababan de atopar non lle sonaba nada, polo que chamaron ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

O CSIC e mailo Instituto Oceanográfico terminaron por relacionar o achádego do peixe co cambio climático, xa que é unha especie autóctona das augas tropicais e subtropicais, un "bicho raro" que non se atopa nas augas de latitudes tan frías.

Os dous descubridores quedaron sen peixe fresco para a cea

Foi un compañeiro dos dous amigos que tiña pescado en augas de Cabo Verde o que lle deu nome ao peixe e que lles dixo que se trata dunha "especie perigosa", xa que devora todo o que atopa, aínda que estea xa farto de comer. As anxovas son depredadores natos que poden chegar a papar bancos enteiros de sardiñas ou de xurelos, polo "simple pracer de matar". Pódense atopar nas aguas do Mediterráneo e do mar Negro, así como na costa africana, e no Atlántico occidental, dos EU a Brasil. Hai un ano un peixe destes roía unha nena na praia alacantina de San Xoán, causándolle graves danos nunha man.

A que capturaron os dous veciños de Portosín pesaba catro quilos e medía 75 centímetros e pode chegar a pesar uns doce quilos e medir algo máis. O exemplar, que os dous amigos xa tiñan pelado e baleirado para comer, vai terminar no Museo de Ciencias Naturais, que xa o reclamou.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Anxova (Pomatomus Saltator)
A Anxova (Pomatomus Saltator)
Unha anxova de tamaño medio (Foto: www.pescamediterraneo2.com)
Unha anxova de tamaño medio (Foto: www.pescamediterraneo2.com)